Aspadex seguirá xestionando o Servizo de Atención Temperá comarcal, que no seu primeiro ano xa atende 110 nen@s

Asinouse onte en Dumbría a renovación do contrato de ASPADEX para a prestación do servizo de Atención Temperá nos concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.
Un servizo máis que necesario na comarca, que no seu primeiro ano de actividade leva atendido dende os seus centros en Vimianzo e Dumbría, un total de 110 nenos e nenas. Destes xa recibiron a alta no servizo trinta e sete tralo tratamento durante un tempo pola terapeuta ocupacional e psicomotricista, a logopeda e a psicóloga, que traballan en coordinación cos Servizos Sociais dos Concellos, cos servizos sanitarios e cos centros escolares.
Lembramos que o SAT atende a poboación infantil de 0 a 6 anos, a súa familia e o seu contorno, co obxectivo de dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento, ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.
Novas relacionadas
- Agosto 21: Abre o Servizo de Atención Temperá na Laracha.
- Xuño 21: Santa Comba celebra o Día da Atención Temperá repasando as cifras da incidencia do servizo.
- Setembro 20: “Canto máis axiña se detecten as posibles dificultades, os resultados da atención temperá poden ser mellores”.
- O Servizo de Atención Temperá da Costa da Morte xa recibíu peticións de 35 familias.