Stolt Sea Farm volve a ser un dos principais patrocinadores da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas
A empresa Stolt Sea Farm, que cumple este ano 50 anos e 17 dende dende a instalación da súa piscifactoría no Cabo Vilán, volverá a ser un dos principais patrocinadores da XXXI Mostra do Encaixe que se celebrará do 13 ao 17 de abril.
A empresa aportará unha importante contribución para a promoción do Encaixe de Camariñas, co obxectivo de financiar as actividades que sexan necesarias para poñer en valor á muller como elemento dinamizador do municipio a través da súa labor de palilleira. Ademais, organizará unha degustación de rodaballo no recinto da Mostra.
Edith del Valle á Mostra do Encaixe
Outra das novidades desta edición da mostra é a volta deseñadora compostelá, que traerá unha colección que “visibiliza y inivita a un diálogo donde nos cuestionemos la necesidad de reescribir ciertos tipos de códigos en cuanto a protocolo y estereotipos de género”.
Esta será a súa cuarta participación e adianta que “he querido ir un paso más allá, jugando a deconstruir la idea de encaje tal y como la tenemos concebida”.