Luns. 26.02.2024
El tiempo

Subida de impostos en Camariñas co malestar da oposición

Subida de impostos en Camariñas co malestar da oposición

Se o luns sacabamos os coitelos en Camariñas, hoxe unha nova disputa política salta á luz. Pero salta por mor da subida das taxas municipais, unha aposta que xa tivo moito rexeitamento noutros concellos coma o de Cee.

No pleno de onte o grupo de goberno aprobou a subida de 3 impostos: o do lixo, o dos vehículos, e o IBI. Unha subida que vén "provocada pola crise e coa intención de conseguir que casen os números", segundo o alcalde. "Hai que reducir gastos", destaca Pichurri, quen afirma que só suporá "1 euro ao mes en cada casa".

Críticas dende o BNG

Para o BNG a conclusión é que "todos/as os veciños temos que pagar o prezo da mala xestión realizada polo PSOE Camariñan. Resulta sintomático que non escomecen por eliminar os gastos que xeran as dúas dedicacións políticas e media coas que conta o Concello de Camariñas".

Sinala que hai pouco investimento dende o Concello. "De media os Concellos do estado adican un 21,79% a gasto en inversión reais namentras en Camariñas só se adica un 11,40% do orzamento, 10,40 pontos porcentuais menos que a media estatal. O orzamento do Concello de Camariñas, en relación co ano 2009, disminuio en –1.629.000€, a situación de desemprego é de 651 persoas desempregadas cunha taxa de paro do 16,18%".

E tras facer balande da situación o BNG de Camariñas esixe que "a alcaldía informe aos veciños/as en que consiste esta suba de impostos e para que serven eses dedicacións políticas e que xestións e traballos realizan a prol de mellorar o noso Concello".

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Radio Nordés.
  • Nota de prensa do BNG de Camariñas.

Comentarios