Último día para anotarse no Programa Camariñas Verde
Hoxe é o último día para anotarse no Programa "Camariñas Verde", pero dende o Concello non nos avisaron desta iniciativa medioambiental. Trátase dun programa de compostaxe doméstica, subvencionado pola Deputación da Coruña. Hai 3 anos realizouse un proxecto similar ca participación de 40 familias de Xaviña, e hai 4 en Corcubión. Agora serán 25 familias as participen na mesma parroquia, o núcleo rural máis grande do termo municipal.
O obxectivo deste proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no Concello, obter un abono de calidade, e concienciar á cidadanía da problemática asociada aos residuos.
Para poder levar adiante o proxecto os participantes deben habitar nunha vivenda cun pequeno terreo, xardín ou horta ao lado. O Concello repartirá de maneira gratuita, un composteiro a cada familia participante e un manual de compostaxe para coñecer máis do proceso. Os veciños/as, contarán co asesoramento técnico persoalizado a domicilio e por teléfono, por parte dos técnicos da asociación ambientalista que levará a cabo o proxecto, Amigos da Terra e a colaboración do Grupo Soil.
Inscrición
Como dicimos, hoxe, mércores 26 de marzo é o último día para anotarse na Casa de Pedra do Concello de Camariñas. De entre todas as persoas solicitantes escolleranse finalmente 25 que cumplan os requisitos e gardaranse o resto de solicitudes para unha posible ampliación do proxecto máis adiante.
Novas relacionadas
- 2009: Corcubión, entre os 10 concellos do estado que abren o proxecto piloto de Compostaxe Caseira.
- Carnota e Muros únense ao programa de xestión de residuos da Barbanza.
- Piden de novo que a Costa da Morte acolla unha das seis plantas de Compostaxe galegas.
- Piden a anulación da subida do canon do lixo.
- Reciclando os aceites domésticos en Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).