Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un Nadal para mercar na casa en Camariñas

Un Nadal para mercar na casa en Camariñas
programa-nadal-camarinas-merca-e-rasca

Sempre nos gustan as campañas que fomentan o comercio local, por riba das grandes superficies. Por iso valoramos a aposta da concelleria de Comercio e Turismo do Concello e a rede de comercio de Camariñas nesta campaña de Nadal que pretente incentivar as compras nos establecementos comerciais colaboradores. Dende o 16 ao 31 de decembro nas tendas participantes a clientela recibirá polas súas compras dende 20 eur. uns “rascas” que teñen premio seguro. A compra pode sair gratis.

27 establecementos comerciais de todalas parroquias do concello colaboran con esta campaña de Nadal. Dende tendas de calzado, roupa e complementos, deportes, librerías, florerías, farmacias, electrodomesticos e golosinas.

Programa de Nadal

programa-nadal-camarinas-2 programa-nadal-camarinas

Fonte

  • Concello de Camariñas.

Comentarios