Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Un roteiro para coñecer o legado de Man

Un roteiro para coñecer o legado de Man

Varias actividades para este comezo de mes de abril en Camariñas.

Un roteiro por Man

man_fred_home_sen_paz O documental Man, Home sen paz, será proxectado durante a xornada

O Concello de Camariñas prepara varias actividades durante o vindeiro mes de abril relacionadas co Alemán de Camelle. Os sábados 8 e 15 de abril levarase a cabo a actividade “Descubrindo a Manfred Gnädinger”, un roteiro de catro quilómetros para coñecer o legado do artista. A saída está prevista para as dez da mañá no Museo de Man e rematará despois das dúas da tarde no xardín museo que construiu o artista.

Haberá unha visita guiada polo Museo Man de Camelle, e ás 12.30 horas está prevista a proxección do documental “Man home sen paz”, premio Mestre Mateo á mellor longametraxe documental 2010. Ás 13.45 haberá unha visita ó museo ao aire libre, antes de rematar a camiñata. O precio da excursión é de un euro, excepto para os nenos menores de oito anos e as persoas con discapacidade, que será gratuíta. As persoas interesadas deberán de inscribirse previamente nos teléfonos do Museo do Alemán ou no correo [email protected].

Exposición no Museo do Alemán

Ademais, dende o 12 de abril ata o 1 de maio no Museo do Alemán poderase visitar a exposición que leva por título “Coidando o noso mar”, pola que se pretende sensibilizar á población da importancia de cuidar os recursos naturais. Estará aberta de martes a xoves de 10 a 14 horas, mentras que as fins de semana estará en horario de mañá e tarde. Mas vacacións de Semana Santa tamén estará aberta de mañá e tarde.

Exposición no Faro

Expo Camarinas

Así mesmo, a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas inaugura este sábado 1 de abril ás 13:00h a exposición colectiva “Arte na luz” das artistas Julia Ares, Soledad Penalta e Carmen Senande que se poderá visitar durante o mes de abril na sala de exposicións do faro Vilán en horario de 11h a 14h e de 15:30 a 20:00. (Semana Santa de 11 a 21h).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios