A XXX Mostra do Encaixe de Camariñas será en outubro
Xa hai data para a celebración da tan esperada XXX edición da Mostra do Encaixe Deputación da Coruña. Tendo en conta que a Semana Santa a situación sanitaria aínda non será a ideal, Concello e Deputación poñen como data de inauguración o venres 8 de outubro, quedando a clausura será o martes 12, día do Pilar.
”Sería terrible suspender por segundo ano consecutivo a Mostra do Encaixe”, recoñece a alcaldesa, Sandra Insua, valorando o conseguido coa pasada Mostra virtual, pero coa necesidade de volver facela en formato físico. “Será un evento que estará marcado pola pandemia, aínda que agardamos que a situación nos últimos meses do 2021 sexa moito mellor que a que temos agora”, recalca Encarna Liñeiro, a concelleira de Encaixe. “Contemplamos estritas medidas de seguridade e hixiene e controlaremos os aforos de todas as salas”, di a edila.
En todo caso, a directora da Mostra, Dolores Lema, anuncia que “con todo, organizaremos durante a Semana Santa, actividades ao aire libre e adaptadas ao contexto sanitario vixente, que terán o Encaixe como elemento protagonista”.