mércores. 26.03.2025
El tiempo

Adiante o proceso participativo do Plan Especial Pedra do Sal

Adiante o proceso participativo do Plan Especial Pedra do Sal
Reunion sobre o Plan Pedro da Sola Reunion sobre o Plan Pedro da Sal Abríronse as portas do novo Plan Especial Pedra do Sal que conta coa cidadanía para a proposta de ideas. Este pasado venres celebrábse a primeira xuntanza informativa  no Centro Social de Imende (Noicela), á que acodían 50 veciños. A idea é participar directamente no proceso de elaboración do Plan Especial de Pedra do Sal e a súa contorna, previsto no PXOM, aínda en fase inicial. Unha fase inicial informativa deste plan que trata de conxugar a protección do espazo natural coa ordenación do núcleo de Pedra do Sal, a mellora da rede viaria e dos servizos urbanísticos e a delimitación de solo para dotacións. En todo caso, as intervencións están moi limitadas polas diferentes figuras de protección, de rango superior, que afectan ao espazo natural de Baldaio. Pero os obxectivos seguen claros, a ordenación do núcleo de Pedra do Sal, a mellora da rede viaria tanto en canto a calidade coma a seguridade, accesibilidade e o aparcamento. “Non se pode permitir que os coches cheguen ata onde están chegando desde os anos 80 ou 90”, sinalan os técnicos, e por iso buscarán unha alternativa. Ademais tocará delimitar solo para espazos públicos e dotacións. Á cita acodiron o alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Mobilidade e Planificación Urbana, Milagros Lantes; a voceira de Terra Galega, Estefanía Canosa; o concelleiro do PP Héctor García Andrade, e varios técnicos, entre eles o arquitecto municipal, Alfredo Garrote.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/imende-acolle-unha-xuntanza-para-elaborar-o-plan-especial-de-pedra-do-sal/ https://quepasanacosta.gal/a-vecinanza-pode-aportar-ideas-aos-plans-de-pedra-do-sal-e-arnados/

Comentarios