Sábado. 20.04.2024
El tiempo

#25N: Carballo pon marcha a creación dunha rede de “puntos seguros” para vítimas de violencia de xénero

Se_decides_que_si,_USAME_(Post_de_Instagram)_(800_x_460_px)
#25N: Carballo pon marcha a creación dunha rede de “puntos seguros” para vítimas de violencia de xénero

Establecementos e servizos que funcionan en horario nocturno, como hostalaría, taxis e farmacias, son os escollidos pola Concellaría de Igualdade, Benestar e Sanidade de Carballo para entrar na primeira fase da creación dunha rede de puntos seguros para posibles vítimas de violencia de xénero. O Concello quere atallar así o aumento de actos violentos na noite (nomeadamente as agresións por submisión química) con esta medida, que permita que unha muller en perigo poida identificar estes espazos abertos como zonas seguras.

O Concello invita aos locais e profesionais que queiran sumarse deben enviar un correo electrónico a [email protected] (indicando no asunto “ocio seguro”). Dende o Concello de Carballo ofreceráselles formación específica en igualdade, violencia de xénero, pautas e protocolos de actuación ante casos de violencias machistas, actos violentos contra persoas do colectivo LGTBQ+, etc. Ao remate da formación recibirán unha identificación como establecemento adherido á rede “Punto seguro”.

25N_2022_Carballo

Mobilizacións

Non faltará a tradicional concentración pública e lectura do manifesto o propio 25 de novembro, ás 12:00h na Praza do Concello.

Tamén se proxectará a película “Onde máis doe”, un documental sobre a violencia vicaria baseado nun suceso real ocorrido no ano 2017. Ao remate da exhibición, que terá lugar o 23 de novembro, ás 20.00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa, haberá un coloquio moderado por Lorena Seoane, psicóloga do Programa de atención psicolóxica a mulleres e menores que sofren violencia de xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Para a rapazada, o día 25, ás 18.00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa, haberá o espectáculo de narración oral e monicreques “Novos lobos” E ademais levaranse a cabo dúas accións nos centros de secundaria: “o reparto do termómetro da violencia de Marina Marroquí” en forma de marcapáxinas, para todo o alumnado, e uns obradoiros sobre prevención da violencia sexual específicos para os/as estudantes de 1º de bacharelato.

Comercios

Do mesmo xeito o concello invita ao comercio a visibilizar a campaña “En que punto estás contra a violencia de xénero?” para que decoren os seus escaparates co materia do 21 ao 27 de novembro. Os que o precisen poden solicitar ademais os adhesivos da campaña ou os letreiros de Aberto/Pechado co símbolo da campaña. O prazo de participación segue aberto no enderezo [email protected].

OUTRAS NOVAS SOBRE O 25N

Comentarios