300 quilos de lixo mariño menos nas praias de Baldaio e Razo
Nova xornada de limpeza e concienciación ambiental a vivida este martes. Desta volta, foi o voluntariado medioambiental da Obra Social de ABANCA, do marco do proxecto PLANCTON, o que acodíu ás praias de Razo e Baldaio. Foron máis de 160 estudantes e docentes do Centro de Formación Profesional Afundación da Coruña os que participaron na retirada de residuos mariños.
De todo rescataron do area, facendo fincapé en obxectos plásticos de orixe terrestre e facilmente recoñecibles, como bolsas e envoltorios, numerosas tapas e tapóns e bastonciños de limpar os oídos, restos de envases e botellas. Tamén atoparon chisqueiros, moitas cabichas, bolígrafos, toallas hixiénicas ou un mango dun coitelo.
Ademais retiráronse outra serie de obxectos relacionados coa actividade pesqueira, como un cabo de máis de 30 metros, restos de cabos e cabiños, sedelas enmarañadas, ou restos de boias e outras escumas plásticas, así, ata completar os case 300 quilos que indicou a pesada final coa que concluíu á actividade.