Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A veciñanza valora a aposta do Derrubando Muros polos novos talentos carballeses

Derrubando Muros 2021 proceso
Así o proceso de creación de Nerea Rama, Isa Bermúdez, Nazaret e Tucho
A veciñanza valora a aposta do Derrubando Muros polos novos talentos carballeses

Chegamos ao ecuador da 8ª edición do proxecto Derrubando Muros con Pintura, con actividades e o proceso creativo dos 4 murais aínda en plena efervescencia. Con gran expectación acolle a veciñanza esta edición que aposta polos novos talentos, xa que os 4 grandes protagonistas son artistas da vila: Isa Bermúdez, Tere Rama, Nazaret e Tucho.

Xa vai moi avanzadas as obras de Isa, Tere e Nazaret, pero Tucho, que tivo que cambiar de ubicación, aínda está empezando. En calquera caso, familias e veciñ@s están implicadísim@s no proceso creativo, pois falamos de zonas céntricas moi concorridas, ou zonas “moi de barrio” nos que a veciñanza sinte propias estas obras. “O feito de que se valore á xente de aquí, ademais das novas xeracións é algo que se ten moi en conta pola veciñanza”, recoñecen dende Turismo Carballo.

A fin de semana estivo adeais chea de actividades. Comezaron cun Faladoiro entre os 4 nov@s artistas, que malia estar algo tímidos, foron soltándose co paso dos minutos e foron explicando que implica o reto de pintar na casa, e contando como se inspiraron para o seu deseño, relatando o traballo previo pero sen desvelar demasiado sobre como quedará. Na ruta do último día si contarán a historia completa de cada obra. Os 4 deixaron claro o orgullo e satisfacción que supón compartir espazo neste Museo ao Aire Libre que é carballo cos grandes artistas que teñen pasado polas edicións pasadas do Derrubando como do Rexenera Fest.

A noite sabatina continuaba co sentido recital de Rosalía Fdez. Rial, e o concerto de Mr. Kilombo, que tivo unha gran acollida e que acabou animando moito á parroquoa.

Acgividades do Derrubando Muros

Máis programa

Queda aínda unha semana de edición, mentres os artistas rematan os seus murais. O xoves 19 de agosto hai un obradoiro de rotulación, de 10.00 a 14.00 h, nun escaparate do Mercado Municipal, para maiores de 16 anos, con inscrición previa.

Xa o domingo 22 hai obradoiro de pintura para crianzas de 6 a 11 anos en dúas quendas de mañá. Pola tarde, ás 20:30h, haberá Ruta guiada polos murais finalizados cos artistas, tamén con inscrición previa e con saída dende o Museo Bergantiños.
E xa ás 21:30, concerto con Pauliña. Palco da Rúa Jacinto Amigo Lera.

As inscricións nos obradoiros realizaranse a partir do xoves 12 de agosto a través dun formulario online que estará dispoñible en www.derrubandomuros.gal e tamén pode pedirse +info en [email protected] e nos teléfonos 981 702 077 | 698 156 402.
As inscricións para a ruta guiada polos murais poderán facerse a través de [email protected] e nos teléfonos 981 702 077 | 698 156 402, tamén a partir do 12 de agosto.

NOVAS DO REXENERA

ARTIGOS RELACIONADOS

Comentarios