Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un ferido tras un accidente en Bértoa

Un ferido tras un accidente en Bértoa
Este pasado venres 7 de decembro producíase, arredor das 19:00h un novo accidente Na AC-552 P.Q. 27 Bértoa, Carballo. O choque deuse entre un turismo e un camión, cun único ferido, o condutor do turismo, que ficou dentro do vehículo pero non atrapado. Bombeiros e sanitarios procederon á extracción do ferido polo portón traseiro para minimizar os movementos da columna vertebral. Posteriormente foi trasladado ao CHUAC consciente e, aparentemente, sen lesións de gravidade.

Comentarios