Venres. 19.04.2024
El tiempo

ADEGA achégase este sábado en Carballo para celebrar a súa 44ª Asemblea Xeral e premiar a Senda Nova

Senda Nova celebrando 10 anso da Primavera en Ruta
Imaxe da famiñoa de Senda Nova celebrando 10 anos do programa de Primavera en Ruta
ADEGA achégase este sábado en Carballo para celebrar a súa 44ª Asemblea Xeral e premiar a Senda Nova

O Forum de Carballo acolle este sábado a 44ª Asemblea da Asociación Ecoloxista ADEGA. Unha cita que servirá para entrear os premios anuais, entre os que se atopa o prestixioso Premio Osíxeno para a Asociación Senda Nova.

O sábado pola mañá será a Asemblea Ordinaria, co informe de contas, balanzo de actuacións e propostas para o novo curso. Na sesión da tarde, tras un xantar 100% vegano-ecolóxico nas instalacións do Fórum, ADEGA trasladará entre os seus socios e socias o debate sobre a cuestión da transición ecolóxica dened 3 focos: a enerxético-industrial, a rural-urbana e dos residuos ou da economía circular. Tamén se aprobarán as propostas de resolución que sexan achegadas polas socias e socios.

A partir das 20:00h, no Restaurante Río Sil terá lugar a Cea de confraternización da 44ª Asemblea Xeral, na que a entidade ecoloxista fará entrega dos Premios Osíxeno e Dioxina que recoñecen, respectivamente, as mellores e peores actuacións ou actitudes (individuais e colectivas).

Visita guiada pola Costa Razo-Baldaio

Os actos estenderanse ata a mañá do domingo 1 de marzo, cunha visita guiada á costa de Razo-Baldaio, que incluirá a entrada ao Espazo da Natureza de Oza, de posta en valor do patrimonio natural e paisaxístico da zona. A visita estará aberta ao público xeral, pero será preciso inscribirse previamente para poder participar en: [email protected], 981570099.

Novas relacionadas

Comentarios