Adxudicadas as obras do by-pass do Muíño do Quinto no Río Anllóns carballés

Licitadas en maio, a Xunta vén de adxucidar as primeiras obras do Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns en Carballo. Un Plan de 3 millóns de euros anunciado en 2017, que non se puña en marcha ata xaneiro de 2021, e que agora si que ve de preto certos avances.
En 6 meses debería estar rematada a obra do “by-pass”, desenvolta por Vázquez y Reino por 331.000€, para mellorar a capacidade hidráulica do río ao seu paso pola zona de Muíño do Quinto.
A obras vai abrir unha canle lixeiramente máis elevada respecto á canle, para que con caudas baixos o río circule polo seu leito pero que, cando se produza un desbordamento, a auga poida ser canalizada por esa nova derivación. A senda fluvial verase polo que se ten proxectada a construción dunha pasarela de madeira de 10 metros de luz que dea continuidade ao trazado.
Máis obras
Despois do bypass, Augas de Galicia está a analizar as ofertas recibidas para executar as obras de remodelación do parque de San Martiño de Carballo, licitadas por máis de 336.000 euros.
As outras actuacións serían a demolición dunha edificación, a remodelación da ponte e creación dunha canle de augas altas na rúa Sol; a remodelación da ponte da rúa Fomento, con motas de contención augas abaixo; e a mellora hidráulica do río Anllóns ao seu paso polo enlace entre a autoestrada AG-55 e a estrada AC-552, no lugar da Cepeira, en Sísamo.
NOVAS RELACIONADAS
- Maio 22: Licitan a primeira obra do Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns en Carballo.
- Setembro 2021: Carballo expropia os terreos dun edificio na ponte da Casilla para poder aumentar a canle do Anllóns.
- Maio 21: Licitan a redacción das primeiras acción Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns en Carballo.
- Xaneiro Como é o Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns en Carballo?.
- Decembro 2020: Augas e Carballo unen forzas para recudir o risco de inundacións do Anllóns.
- 2017: Licitan un plan contra a inundación do Anllóns en Carballo