O alumnado do IES Parga Pondal, de axudante a empresario
Semana completa no IES Parga Pondal, cun novo paso do taller de mediación e unha sesión empresarial.
Departamento de Mediación
De feito, rematou a 10ª edición do obradoiro “O Alumnado Adxudante”, coa entrega de diplomas ao alumnado participante de 1º ESO. Un obradoiro desenvolvido durante 5 semanas, enmarcado no Programa de Actuación do Departamento de Mediación do centro educativo carballés, que trata de “mellorar o desenvolvemento das competencias sociais e a mellora da participación real e integración do alumnado no Centro”.
“Ninguén coñece mellor a situación dun alumno/a que os compañeiros/as que comparten con eles a vida diaria, por iso, o noso recurso esencial para desenvolver este programa, é o noso propio alumnado”, explican dende o equipo directivo, dando conta da serie de habiladdes sociais que adquire o alumnado para axudar e para deixarse ser axudado.
Departamento de Economía
Paralelamente, o departamento de Economía do centro carballés organizou unha interesante charla con Pablo Martínez, xerente da Asociación de Empresarios de Bértoa en Carballo, que presentou ante o alumnado da materia Economía da Empresa, de 2º de Bacharelato, a entidade do Polígono Industrial.
Pablo remitiuse ás súas orixes, a principios da década dos anos 70 do século pasado, desglosando as diferentes etapas de crecemento e consolidación do mesmo. Destacou o traballo incesante da Asociación de Empresarios, no día a día, e a súa aposta polo futuro, xa que logo están desenvolvendo o Novo Polígono cun escenario a 10 anos vista.
O logro actual máis destacado, do que se sinten especialmente orgullosos, é o compromiso da Xunta de Galicia para que a estrada de circunvalación de Carballo se inicie no polígono e conecte a área empresarial coas estradas de Ordes e Santiago de Compostela evitando transitar polas vías urbanas.
Novas dos IES da comarca
Novas do IES Parga Pondal
- O alumnado do IES Parga Pondal Wisibiliza as Mulleres STEM polo 11 de febreiro.
- f="https://www.quepasanacosta.gal/articulo/carballo/ies-parga-ponda-lembra-vitimas-do-holocausto-co-seu-podcast-rebolondas/20210128100000124624.html">O IES Parga Ponda lembra as vítimas do Holocausto co seu podcast “Rebolondas”.
- Aprendendo a axudar e ser axudado.
- O concerto de Nadal do IES Parga Pondal.
- O IES Parga Pondal lembrou, en tres formatos, a importancia dos Dereitos Humanos
- O IES Parga Pondal Vive la Vida con Coldplay
- O singular bolero do IES Isidro Parga Pondal