Venres. 03.05.2024
El tiempo

A APTCM compatiu cos concellos a guía de Xan Fdez. Carrera

Xan Fdez Carrera e o seu libro
Xan Fdez Carrera presentando a guía
A APTCM compatiu cos concellos a guía de Xan Fdez. Carrera

Reunía onte a APTCM (Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte) a boa parte de rexedores do xeodestino Costa da Morte no Náutico de Razo para facerlle entrega aos concellos de exemplares do libro A Costa da Morte, Confín de Europa de Xan Fernández Carrera.

A resposta dos responsables das administracións responderon, dando conta de que avanzan as sinerxias entre empresarios do sector e as administracións públicas na procura de dinamizar o turismo do territorio.

Turismo Costa da Morte e alcaldes
Foto de alcaldes/as e profesionais

Neste caso os empresarios distribúen os libros e a Deputación da Coruña imprimirá aos concellos o mapa dos recursos turísticos que repartirá entre os empresarios.
Os libros distribuiranse nas bibliotecas municipais, técnic@s e oficinas de Turismo.

Tamén acodiron moitos os soci@s de APTCM que aínda non recolleran os libros, e que xa estaban disponibles no Parador Costa da Morte e no Balneario de Carballo.

Comentarios