Venres. 11.10.2024
El tiempo

As augas das praias de Carballo, de calidade “excelente”

As augas das praias de Carballo, de calidade “excelente”

Aínda non é público o mapa de calidade das augas das zonas de Baño dos Sergas para esta tempada. Pero a Xunta está informando concello a concello das actualizacións. Xa nos contaban onte dende Camariñas como a praia de Camelle, unha das 5 de calidade insuficiente, íase quitar o cartel de zona non apta para o baño, e hoxe dende Carballo fachendeian da calidade das augas das súas praias.

De feito, as zonas de baño carballesas controladas sanitariamente obteñen a calificación de excelente: Pedra do Sal, Razo (que a efectos de salvamento divídese en tres: Cabreira, Intermedia e Posto), Arnados (que inclúe tamén a Explanada), Ría de Baldaio e Saíñas.

Cifras que alentan a renovación da Bandeira Azul para diferentes espazos, nun concello, o único da Costa da Morte e un dos poucos de Galicia, que conta cos certificados ISO 14001, o EMAS (Certificado do Esquema Europeo de Ecoxestión e Auditoría). Un exemplo é o sistema de xestión ambiental implantado dende 2014, con proxectos e propostas como a redución da velocidade dos vehículos nas zonas de acceso, a extensión da rede de abastecemento de auga a todo o litoral, as campañas de sensibilización ambiental que levamos a cabo coa colaboración de entidades ecoloxistas ou a implicación municipal na conservación da píllara das dunas,.

Lembran que dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro está prohibida totalmente a presenza de cans nas praias.

Novas relacionadas

Comentarios