Martes. 30.04.2024
El tiempo

O PP rexeita no Parlamento revisar o proxecto do Parque Eólico do Monte Neme

Foto_Daniel_Perez_Lopez_12_05_23
O deputado carballés Daniel Pérez na Comisión do parlamento
O PP rexeita no Parlamento revisar o proxecto do Parque Eólico do Monte Neme
A pesar das numerosas alegacións, mesmo presentadas polos concellos afectados, o PP mantén a aprobación do Parque Eólico Monte Neme.

O BNG levou ao Parlamento este proxecto a pesar “das consecuencias que tería para este espazo ambiental e o seu interese paisaxístico e turístico”, denunciou o deputado carballés, Daniel Pérez.

Pérez explicou como este parque, de continuar adiante, danaría “o valor natural e social dun Monte Neme vencellado a historia desta comarca dende a Idade de Ferro”, cun arraigo “profundo” na poboación e que, ademais, funciona como motor e dinamizador económico polo seu interese medioambiental e tamén para as persoas visitantes doutras parte do País.

Ademais de criticar o "modelo éolico depredador" da Xunta, Pérez deixou clara que falamos dun espazo moi especial, que pode ter un gran atractivo turístico para Bergantiños.

Pérez tamén quixo subliñar “as carencias” do estudo de impacto ambiental que ampara a colocación deste parque, “que presenta numerosas carencias, erros e eivas, ao non avaliar o impacto da construción de infraestruturas, o impacto sobre os recursos hídricos, cursos de auga e abastecementos, o impacto en hábitats e especies protexidas por directivas comunitarias e cunha información xenérica sobre os hábitats e especies”.

Denuncias que levaron a oposición do argumentario do PP en boca do director xeral de Planificación Enerxética, Pablo Fernández, que avalou o proxecto e desestimou paralizalo ou facer un novo estudo de impacto ambiental.

 

Comentarios