Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG pide paralizar de “maneira cautelar” o proxecto eólico no monte Neme

Vistas dende o Monte Neme-Foto-Casa de Laxe
Vistas dende o Monte Neme-Foto-Casa de Laxe
O BNG pide paralizar de “maneira cautelar” o proxecto eólico no monte Neme

Non descansan os colectivos conservacionistas e os partidos da oposición na loita por evitar que o máximo Monte Neme sexa invadido polos viraventos. Desta volta é o BNG o que pediu a través dunha proposición non de lei defendida na comisión de Industria e Enerxía, a paralización cautelar do proxecto “polo impacto negativo sobre os valores naturais e culturais, o turismo sustentable, e o desenvolvemento forestal e gandeiro”.

Daniel Pérez instou á Xunta a denegar as autorizacións das infraestruturas e instalacións industriais que atenten contra os valores naturais, estéticos, paisaxísticos ou culturais do monte Neme.

Así mesmo, reclamou abrir un novo proceso público que recolla os cambios do proxecto, documentos presentados pola empresa, informes sectoriais completos e unha “avaliación ambiental conxunta” de todos os parques e infraestruturas asociadas, nunha distancia de 20 quilómetros.

Pérez lembrou que un dos viraventos sitúase a apenas 670 metros do lugar de Vernes, e que o resto afectaría aos seus grandes valores como a capela de Santa Cristina, “o mellor miradoiro da comarca”.
Sinalou que o proxecto do parque eólico afecta aos concellos de Carballo e Malpica e foi sometido a información pública no ano 2007 cunha declaración ambiental do ano 2010, polo que os documentos deberían estar obsoletos.

Pérez lembrou a “voracidade” do “boom eólico” “favorecido polos cambios da Xunta e o Partido Popular para que as multinacionais poidan axilizar os proxectos”, referíndose a proxectos como os que ameazan os Penedos de Traba e Pasarela.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Comentarios