venres. 06.12.2024
El tiempo

1 millón de euros para a restauración da mina do Monte Neme

Carballo. A Coruña
O Delegado Territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais Pablo Fernández Vila, visitan Montememe
22/07/2022
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
1 millón de euros para a restauración da mina do Monte Neme

Sen facer mención ao proxecto eólico que ameaza a zona, a Xunta presentaba onte, en presencia dos representantes dos Concellos de Malpica e Carballo, o proxecto de restauración da explotación mineira de Monte Neme. Un proxecto que contará cun orzamento de 1 millón de euros, provintes de fondos europeos, no marco da Axenda Galega de Minería Sostible 2030, en proceso de aprobación.

Un proxecto máis que necesario dende que en 2014 a empresa explotadora desaparecera e a Xunta tivese que facese cargo da desfeita ambiental. Ademais, aínda está pendento o caso xudicial derivado do pequeno “Aznalcóllar” que sifríu a zona na vertedura sufrida precisamente en 2014.

As obras

Farase a demolición das estruturas de formigón e recheos nas zonas de instalación con materia esteril e terra vexetal; o saneado dos noiros do oco de explotación, construíndo unha berma; e farase un movemento de terras para modificar as pendentes da balsa antiga situada na zona oeste, eliminando a acumulación de augas.
Todo para favorecer coidado do chan e das augas que rodean esta zona.

Con estas obras, o espazo deixaría de ter augas turquesa aló polo 2026.

Carballo. A Coruña
O Delegado Territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais Pablo Fernández Vila, visitan Montememe
22/07/2022
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
O Delegado Territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais Pablo Fernández Vila, visitan Montememe. Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Novas relacionadas

Comentarios