Os Bombeiros de Carballo tiveron que sufocar tres incendios urbanos
Fin de semana de gran actividade para os Bombeiros de Carballo. Ata en 3 ocasións tiveron que saír a sufocar incendios urbanos.
O primeiro acontecía o sábado pola mañá, arredor das 10:15, na Laracha, en Ribela – Vilaño, onde un tractor sufría un incendio. Foi o propio condutor, empregando 2 extintores, o que conseguira reducir o lume, polo que os Bombeiros enfriaron o vehículo para asegurar que quedaba completamente extinguido. O lume non causou graves danos ao tractor, afectando ao cableado do cadro de instrumentos e tamén a parte do motor e unha das rodas dianteiras. O tractor estaba traballando na limpeza dunha finca cando por causas descoñecidas comezou a arder pola zona do cadro de instrumentos.
O mesmo sábado pero ás 20:30h, unha vivenda das “casas dos maestros”, no nº119 da Rúa Vázquez de Parga, en Carballo, sufría un incendio. Saía fume polas fiestras do 2º piso, supostamente deshabitado e en estado de abandono.
Procederon a extinguir o lume, que estaba localizado no mesmo cuarto de onde saía o fume, accedendo coa autoescada pola fachada. O lume só afectou a ese cuarto, onde arderon restos dunha cama, as portas dun armario, a madeira da caixa da persiana e os marcos da fiestra, que tamén eran de madeira. Outros dous cuartos quedaron afectados polo fume.
Non houbo danos persoais e descoñecese a orixe do lume.
Finamente, xa o domingo, case de madrugada, pasadas as 0:48, tiñan que acodir á explanada traseira da antiga Discoteca A Revolta, onde unha morea de lixo estaba incendiándose. Procederon a extinguir o lume empregando 2500 litros de auga