Martes. 19.03.2024
El tiempo

Por cada nacemento, un novo “fillo” do Carballo Senlleiro de Vilar de Francos

Pequeno fillo da arbore de Vilar de Francos
Por cada nacemento, un novo “fillo” do Carballo Senlleiro de Vilar de Francos

Continuando coa iniciativa que arrincaba en 2019, o Concello de Carballo quere seguir celebrando o Día da Árbore arredor do único exemplar na Costa da Morte inserido no Catálogo de Árbores Senlleiras. Faino plantando un “fillo” do Carballo de Vilar de Francos por cada nacemento.

Non haberá plantación colectiva como outros anos, pero a idea de “sementar valores medioambientais” seguirá viva este 2021.

Os datos sinalan que durante 2020 houbo 189 nacementos no ano 2020 (faltan os datos de decembro). A cada unha das familias que se foi achegando pola Casa do Concello para empadroar a eses novos carballeses e carballesas ofrecéuselle a posibilidade de sumarse á iniciativa, ben plantando un herdeiro do carballo de San Antón pola súa conta se dispón de terreo ou ben participando nunha plantación colectiva con motivo do Día da Árbore. A gran maioría prefiren participar nese acto colectivo.

Novas relacionadas

Comentarios