Sábado. 24.08.2019
El tiempo

A Árbore Senlleira de Vilar de Francos ten descendecia

Evencio Ferrero e Luis Lamas cos "fillos" da árbore senlleira de Vilar de Francos
Evencio Ferrero e Luis Lamas cos "fillos" da árbore senlleira de Vilar de Francos
A Árbore Senlleira de Vilar de Francos ten descendecia

Temos un só exemplar costeiro no Catálogo galego de Árbores Senlleiras. Pero que exemplar. O carballo de Vilar de Francos é toda unha eminencia, ata o punto que dende o Concello carballés se formularon a necesidade de ter descendencia.

Axentes medioambientais municipais veñen recollendo nos últimos meses os “fillos” da árbore senlleira, plantándoos en macetas e dándolles os coidados precisos para que medren sans e fortes. Xa hai máis de 170, pero serán moitos máis, porque o obxectivo é plantar un descendente do Carballo de Vilar de Francos por cada neno ou nena que naza no concello ao longo do ano 2020.

Fillos da arbore senlleira de Vilar de Francos

Día do Medio Ambiente: Axenda 2030

Ademais de perpetuar o noso carballo centenario, a iniciativa que presentaron onte, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, pretende implicar á cidadanía na Estratexia Carballo 2030, símbolo dun modelo urbano máis sustentable e que servirá como locomotora de crecemento e desenvolvemento para o conxunto do territorio.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios