Martes. 15.10.2024
El tiempo

A campaña carballesa contra a velutina, exemplo a nivel estatal

Unha captura de raíñas
A campaña carballesa contra a velutina, exemplo a nivel estatal

En apenas un mes, a campaña anual de trampeo da avespa velutina impulsada polo Concello de Carballo, xa permitiu capturar 3.829 raíñas. Unha cifra que supera en case 1.000 exemplares a do ano pasado, o que deixa ás claras que a problemática con esta especie invasora segue a ser tremendamente grave.

O Servizo Municipal de Control de Pragas carballés, coa colaboración de 201 colaborador@s (veciñ@s e apicultor@s), xa colocaron máis 1.272 trampas nas 18 parroquias. Rus volve ser a parroquia onde máis incidencia hai, e en apenas 6 trampas xa recolleron 199 avespas.

Exemplo a nivel estatal

Cómpre lembrar que o Concello de Carballo foi pioneiro na organización de campañas de trampeo. Dende 2017 o Concello asumiu as competencias sumando á participación cidadá, cun modelo que gusta noutras partes da península. Así o refrenda o interese amosado por Sant Cugat del Vallès. A área de Sustentabilidade e Participación Cidadá do concello catalán vén de poñerse en contacto co noso concello coa intención de aplicar tamén o modelo de Carballo.

Novas relacionadas

 

Comentarios