Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo acolle dúas citas culturais básicas sobre o Prestige

Alegria e Nevermore en Carballo
Carballo acolle dúas citas culturais básicas sobre o Prestige

O documental “Alegría” e a obra “N.E.V.E.R.M.O.R.E”  de Chévere, son dúas grandes grandes referencias culturais creadas neste 20 aniversario do Prestige. Ambas obras poderanse venre en Carballo estes días.
        
O xoves podedemos acodir á Biblioteca Rego da Balsa, ás 20:30h, para gozar á proxección de Alegría, unha película de Ecoloxistas en Acción e Urco Producións, dirixida por Luis Otero, que lembra ao voluntariado, os mariñeiros e a veciñanza que loitou contra o chapapote.
No argumento, unha moza chamada Nerea, un personaxe real interpretado pola actriz pontevedresa Rocío Romero, que fora voluntaria limpando as costas, traballa nun documental sobre a traxedia, coa perspectiva do paso dos anos. Visita lugares e contacta coas persoas que participaron na loita por recuperar as costas e a súa forma de vida. A peza mestura documental ficticio con imaxes de arquivo e testemuños.

Xa o venres, poderemos ver ás 21:00h no Pazo da Cultura a obra N.E.V.E.R.M.O.R.E., a proposta teatral do grupo Chévere, en coprodución co Centro Dramático Nacional, que poderemos ver o venres no Pazo da Cultura. 

N.E.V.E.R.M.O.R.E. colle o seu título do grito do corvo do poema de Edgar Allan Poe (Nunca Máis) para presentarnos un exercicio de memoria colectiva arredor da catástrofe do Prestige, abordada desde diferentes vertentes: a través dos testemuños reais de quen o viviu de preto e tamén reproducindo conversas e declaración dos implicados na xestión daquela crise ambiental e política. 
Chévere parte da memoria colectiva para contar a historia do Prestige e desfacer o feitizo que segue rodeando a catástrofe, convertida nunha metáfora estrañamente perfecta desa cultura do petróleo que nos impide ver que hai máis alá do que aconteceu.
 

Comentarios