Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Carballo amosa outros “Xeitos de ver: Construíndo masculinidades positivas”

Exposición Carballo copia
Carballo amosa outros “Xeitos de ver: Construíndo masculinidades positivas”

Este xoves, 21 de novembro, inaugúrase en no Pazo da Cultura unha exposición fotografíca especial. “Xeitos de ver: Construíndo masculinidades positivas”, é o resultado do Taller de Fotografía e Igualdade, impartido por Fundación Érguete-Integración, coa colaboración do Concello da Coruña, a doce persoas usuarias da entidade, das que varias son veciñ@s de Carballo. De aí que a estrea na súa vila sea todo un fito para elas.

O Alcalde do Concello de Carballo, Evencio Ferrero, e a Concelleira de Igualdade e Benestar, Dna. Maica Ures, asístiran ás 12:00 horas acompañados por Rosaura Romo Hernández, Responsable do Programa Reincorpora da Fundación Érguete-Integración e outro persoal da entidade.

Son moitas as cousas que aprenderon os usuarios de Érguete, entidade que este ano afianza a súa presencia na capital bergantiñá con servizos como o de orientación laboral, durante este taller, coñecendo novas ferramentas e recursos para identificar aqueles comportamentos, elementos simbólicos, mobiliario urbano,... que continúan no día a día reproducindo roles e estereotipos de xénero, e que polo tanto manteñen vixente o machismo e a violencia.

A exposición, que xa estivo na DOMUS de Coruña, desde o 1 ata o 15 de outubro, é o resultado das sesións teóricas e das saídas á rúa, e poderá desde o 21 de novembro ata o 10 de decembro.

Outra mostra fotográfica realizada por mulleres amosa o proxecto de auga en Guinea-Bissau

Exposicion Mindjer di Guiné e Guinea Bissau

Paralelamente, e a través da ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que é socio o Concello de Carballo, a exposición ‘Mindjer di Guiné’ revela na biblioteca Rego da Balsa a vida cotiá da comunidade de Carantaba a través das imaxes das veciñas no mes do 25N, ata o 29 de novembro.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Comentarios