Carballo amosa o seu completo programa de Nadal para todas as idades

Postal de Nadal Carballo 2022 feita por David Martínez Botana

Coa postal gañadora do certame de Nadal, feita por David Martínez Botana (foron máis de 1.200 os debuxos presentados), o Concello de Carballo presenta xa o seu completísimo programa de nadal, que compaxina a campaña de apoio ao comercio local e a exposición de beléns artesanais do mundo.

O máis interesante é o programa do Nadal Pequespectacular, para o que xa podemos comezar a reservar as entradas en www.ataquilla.com.
Maxia co Mago Rafa, teatro con Ghazafelhos, e música divertida con Uxía Lambona e a Banda Molona, son as prospoastas principais.

Pero tahi moico máis, como a chegada de Papá Noel este sábado 17 poas rúas comerciais e barrios; os pasarrúas con Dixie Kings, ou os Fantoches baj con O folión do zampón, un espectáculo teatral ao máis puro estilo dos tradicionais xigantes e cabezudos.

O 23 será un dos días grandes deste Nadal, porque o Servizo de Normalización Lingüística e a Biblioteca Rego da Balsa achegan á programación unha gran cita familiar: “a Festa de Apego”, con actividades para nenos e nenas de cero a seis anos de idade. Contaremos o Picadiscos de MariFaltri, a Apalpadora de Iseo a Moura, un obradoiro de pegadas de animais con Senda Nova, outro de baile coa Escola do Alprende e ioga para familias con Ana Prema.

Podes descargar o programa completo na web municipal.

Outras propostas do Nadal