Mércores. 04.08.2021
El tiempo

En Carballo, “Andando enténdese a xente”

Carballo Congreso andando entendese a xente
En Carballo, “Andando enténdese a xente”

Segue a ser Carballo un referente a nivel estatal de humanización dos seus esapzos urbanos. Proxectos como o Rexenera Fest ou Derrubando Muros con Pintura; experiencias como o Urbanismo táctico ou o pedibús; proxectos como “Cicl-ando” ou o proceso de peonización do centro urbano; e ata recoñecementos como o Premio Ciudad que Camina 2018, permiten que Carballo exporte experiencia por todo o estado, como unha das 10 cidades europeas de menos de 100.000 habitantes con mellores prácticas ambientais.

Así non é de estranar que Carballo se convirta na capital da mobilidade este vindeiro mes de outubro. O 7 e o 8 de outubro acolle o 8º Congreso Cidades que Camiñan. Co lema “Andando enténdese a xente”, 63 cidades de 3 países que integran a día de hoxe a Rede de Cidades, achegaranse á capital de Bergantiños.

Ana Montalbán, secretaria técnica da Rede de Cidades que Camiñán; Miguel Anxo Fernández Lorez, presidente da Rede e alcalde de Pontevedra, e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, debullaron un congreso “centrado na camiñabilidade, en como facer mellores as nosas cidades para camiñar e para estar na rúa, para a recuperación do espazo público para as persoas, en definitiva”.

O 7 de outubro pola tarde celebrarase a asemblea xeral das cidades da Rede, e o 8 abre as portas do Pazo da Cultura para recibir a todas as persoas que queiran achegarse e participar nas actividades previstas.

As inscricións poderán realizarse, de balde, cubrindo o formulario que estará dispoñible nos vindeiros días na páxina web www.ciudadesquecaminan.org.

Novas relacionadas

comentarios