mércores. 14.05.2025
El tiempo

Carballo busca profesorado e alumnado para un obradoiro de emprego sobre espazos urbanos

Carballo busca profesorado e alumnado para un obradoiro de emprego sobre espazos urbanos
obradoiro-emprego-carballo obradoiro-emprego-carballo Arranca o proceso de selección tanto de profesorado como de alumnado para o obradoiro de emprego “Revalorización de espazos urbanos”, dirixido a mozas e mozos incluídos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Hoxe, a partir das 10.00 horas, celebrarase a fase de concurso-oposición para os postos de director/a, mestre de traballos de carpintería de moble e mestre de educación secundaria básica, e o martes 19 a partir das 10:30 horas será seleccionado o alumnado. Un equipo mixto, integrado por representantes da consellería de Economía, Emprego e Industria e do concello de Carballo, levará a cabo os procesos de selección segundo as bases que poden consultarse na páxina www.carballo.gal. O obradoiro está dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos, que recibirán seis meses de formación durante os cales estarán dados de alta na Seguridade Social e cobrarán o salario mínimo interprofesional. É imprescindible que estean incritos/as no Sistema de Garantía Xuvenil. Terán preferencia os/as candidatos/as do ámbito do concello de Carballo e aqueles/as que non recibiran previamente atención polo citado sistema. O de Carballo será un dos 8 obradoiros xuvenís que se impartirán este ano na provincia da Coruña, e comezará este mesmo mes. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios