Luns. 14.10.2024
El tiempo

O Carballo Coworking ofrece 5 prazas para proxectos emerxentes

coworking carballo
O Carballo Coworking ofrece 5 prazas para proxectos emerxentes

Continúan abertas as ofertas municipais de coworking. Pola Laracha xa teen todo listo no seu viveiro de empresas, e por Carballo segue funcionando o Carballo Coworking. O Concello lembra que neste momentos están dispoñibles 5 dos 18 postos que están ao servizo de autónomos que estean en proceso de creación, posta en marcha e consolidación de empresas.

Dende o coworking fomentan os proxectos vinculados, preferentemente, aos ámbitos da cultura, as novas tecnoloxías, a rexeneración urbana, o benestar e os servizos ás persoas, sector audiovisual, turismo ou investigación e iniciativas que formen parte da economía social.

Na actualidade, no Carballo Coworking estanse a desenvolver 12 iniciativas empresariais nas que traballan 16 coworkers procedentes de concellos da Costa da Morte como Camariñas, Muxía, Zas, Ponteceso e, na súa maior parte, Carballo. Xa coñecimos en QPC algunhas.

Os autónom@s non poden máis de dous anos de exercicio empresarial (fase de incubación), e poden dispoñer de despacho, local con todas as necesidades, ademais de sesións formativas e a posibilidade de xerar sinerxias con outros proxectos emerxentes.

Se queres ocupar un dos 5 postos que temos dispoñibles para levar a cabo a túa idea de negocio ou dar os primeiros pasos como autónomo/a, achégate e infórmate. O Carballo Coworking está aberto de luns a venres en horario continuado de 09.00 a 19.00. Tamén podes informarte en coworkingcarballo.gal ou chamando aos teléfonos 661 064 895 / 881 983 520.

Novas relacionadas

Comentarios