luns. 02.12.2024
El tiempo

O Carballo Coworking forma en xestión administrativa e financiamento para emprendedores/as

curso_administracion_coworking (3)
O Carballo Coworking forma en xestión administrativa e financiamento para emprendedores/as

Un total de 13 persoas participan desde esta mañá na nova actividade formativa organizada polo Carballo Coworking e impulsada desde a oficina de Promoción Económica do Concello de Carballo. Trátase dunhas xornadas informativas sobre xestión económica e financiamento, dirixidas preferentemente a usuarios e usuarias deste espazo de traballo colaborativo, ás que tamén acoden emprendedores/as e autónomos/as, pemes, startup e persoas cunha idea de negocio. 

A actividade, que se celebrará hoxe e mañá no auditorio do Fórum Carballo, en horario de 10:00 a 12:00, consta de dúas sesións teórico prácticas impartidas por Ana Belén Muñiz Vera, xestora administrativa e licenciada en Administración e Dirección de Empresas, con ampla experiencia en asesoramento empresarial, ademais de formadora no coworking do Pazo de Arenaza e no programa da Fundación Equipo Humano “Se buscan héroes”, orientado á mellora da empregabilidade.
A xornada de hoxe xirou arredor da xestión administrativa e a tramitación online.

Para este martes 29 está previsto abordar as diferentes liñas de financiamento para proxectos emprendedores e/ou empresas de recente creación, atendendo a unha das principais demandas formativas actuais, ademais de prestar apoio e asesoramento ás persoas que inician unha actividade empresarial. Ao remate procederase á entrega de diplomas a todos/as os/as asistentes.
 

Comentarios