O Coworking Carballo segue en marcha, polo menos ata abril
O Concello de Carballo decide manter vivo o espazo de Coworking sito no Forum Carballo. Faino a través dunha “addenda” ao convenio de colaboración coa Deputación da Coruña, xa que a posta en marcha do proxecto coincidiu co estado de alarma. Deste xeito, polo menos ata o 30 de abril deste 2021 seguirá activo este espazo para fomentar a axudar a que inciativas emprendedoras poidan enraizar nestes tempos de crise.
Actualmente hai 11 iniciativas nas que participan 15 coworkers de toda a bisbarra (de Carballo, pero tamén de Camariñas, Muxía, Zas ou Ponteceso) intentando consolidar os seus proxectos empresariais. Proxectos relacionados coa cultura, as novas tecnoloxías, a rexeneración urbana, o benestar e os servizos ás persoas, sector audiovisual, turismo ou investigación e iniciativas que formen parte da economía social.
5 proxectos están en fase de preincumbación;hai outros 8 autónomos conmenos de 2 anos de exercicio empresarial que desfrutan da posibilidade de dispoñer dun local, e tamén dunha serie de servizos e infraestruturas que contribúen a mellorar as súas posibilidades de éxito. Ademais, a formación é un dos valores deste espazo, ao que se unen unha das meirandes vantaxes do concepto coworking: as sinerxias.
Quedan aínda algunhas prazas vacantes para cubrir os 18 postos de traballo dispoñibles. Se queres ocupar un dos sete postos que temos dispoñibles para levar a cabo a túa idea de negocio ou dar os primeiros pasos como autónomo/a, achégate e infórmate. O Carballo Coworking está aberto de luns a venres en horario continuado de 09.00 a 19.00. Tamén podes informarte en coworkingcarballo.gal ou chamando aos teléfonos 661 064 895 / 881 983 520.
Novas relacionadas
- Dolores Nieto: “A outra cara de ser a túa propia xefa é que o teu proxecto é coma un fillo, 24 horas de dedicación”.
- Martín Graziano: "O Coworking Carballo abre portas xa que estás en contacto directo con emprendedores”.
- A Formación segue guiando aos emprendedores do Coworking Carballo.
- Herminio Angeriz imparte un curso de legalidade empresarial para os usuari@s do Coworking Carballo.
- Primeiras accións formativas dun Coworking de Carballo que xa funciona a pleno rendemento.
- O Coworking Carballo sae á rúa a buscar emprendedores.
- O Coworking de Carballo xa está a disposición de emprendedores ou empresas de nova creación.
- Dezaoito emprendedores ou empresas de nova creación xa poden utilizar o Coworking de Carballo.