domingo. 01.12.2024
El tiempo

Carballo estrea bolardos en Desiderio Varela para regular o tráfico

Carballo estrea bolardos en Desiderio Varela para regular o tráfico
O luns 18 empezarán a funcionar os “bolardos” para regular o acceso rodado á rúa Desiderio Varela fóra do horario de apertura ao tráfico. A R/ Desiderio Varela estrea bolardos Zona de Carga e descarga en Desiderio Varela. Carballo A vía estará aberta ao tráfico rodado de luns a venres polas mañás e xa está delimitada unha zona de carga e descarga e estacionamento limitado a 15 minutos. Así, este vindeiro luns empezarán a funcionar os bolardos que regularán o acceso de vehículos á rúa Desiderio Varela fóra do horario establecido para a libre circulación do tráfico. Os e as propietarios e propietarias das 80 prazas de garaxe que existen na rúa dispoñen xa dos mandos a distancia que lles permitirán accionar os bolardos cando o precisen, co cal os e as residentes terán o acceso garantido durante as 24 horas do día e tódolos días do ano. Onte xoves quedaron instalados os sinais informativos correspondentes. No acceso desde Camiño Novo colocouse un indicador que advirte sobre a prohibición de estacionar na rúa, agás na zona habilitada con esa finalidade fronte á librería San Ramón. Nese treito, que está delimitado por sinais verticais, permitirase a carga e descarga e o estacionamento de calquera vehículo durante un máximo de 15 minutos. Os condutores terán que indicar a hora de chegada como se fai na zona azul. En canto á circulación, tal como se estableceu no seu momento, a rúa Desiderio Varela estará aberta ao tráfico de luns a venres e os domingos de feira, en todos os casos só pola mañá. Os luns, martes, mércores e venres o horario de acceso libre é de 07.00 a 13.00 horas no período comprendido entre o 15 de setembro e o 15 de xuño. Os xoves e os domingos de feira a rúa está aberta na súa totalidade ata as 10 horas, coincidindo coa instalación dos postos dos feirantes, e a partir das 10 está parcialmente aberta, ata a rúa Colón, pola que se lle dá saída ao tráfico en dirección a Cervantes e Gran Vía. Os sábados, domingos non feirados e festivos, a rua Desiderio Varela permanecera pechada. Polo que respecta á rúa Jacinto Amigo Lera, o acceso realizarase agora desde Martín Herrera, tanto para entrar como para saír do aparcamento. Xa está instalado o sinal de prioridade e tamén se procederá á sinalización horizontal. A circulación cara Desiderio Varela só está permitida para os e as residentes, que dispoñen tamén de mandos a distancia para accionar os bolardos.

Comentarios