Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Carballo proponse aumentar un 10% a reciclaxe no colector amarelo

  • O Concello de Carballo realizou o ano pasado máis de 500 desinfeccións en edificios e espazos públicos
Campana reciclaxe ecoembes en Carballo
A instalación do reto de Ecoembes onte na zona do Mercado
Carballo proponse aumentar un 10% a reciclaxe no colector amarelo

Aceite doméstico; vidro, a quinta fracción ou os composteiros caseiros… Carballo é todo un exemplo en materia de reciclaxe. E agora aumenta o seu compromiso uníndose á campaña “Recicla, supérate” para aumentar un 10% os residuos plásticos no contedor amarelo.

Carballo é un dos 15 concellos galegos que participan neste concurso da Xunta e Ecoembes, que permitirá que o máis reciclador invista 2.000 euros nunha causa social.

A primeira incursión da campaña foi a instalación na zona do mercado dos xoves dun gran contedor que serve como punto de información á veciñanza. A campaña durará 3 meses, ao longo dos cales se repetirán as accións de rúa durante os mercados dos xoves. O obxectivo é que neste prazo se incremente polo menos nun 10% a porcentaxe de achegas ao contedor amarelo en comparación co mesmo período do ano anterior.

Desinfeccións

Fixo contabilidade o concello de todas as labouras de desinfección realizadas o ano pasado co gallo da pandemia. Foron máis de 500 desinfeccións en edificios e espazos públicos, como Unidade de Condutas Adictivas (UCA) e a antiga sede da Asociación Antidroga Vieiro (as primeiras), ou Casa do Concello, a Policía Local, o Mercado Municipal, a UCA, o edificio de Servizos Sociais, o Fórum, Protección Civil ou Brigada Municipal de Obras, desinfectadas periodicamente. Os centros de ensino tamén.

Dende o Concello lembran que no caso de detectar unha necesidade puntual debe poñerse en contacto da empresa a través do número de teléfono 981 754 917, no enderezo electrónico [email protected] ou a través da APP de avisos do Concello de Carballo.
Así mesmo, xa están en marcha as accións de desratización que se levan a cabo cada trimestre en todas as rúas de Carballo. Tamén neste caso, sempre que se detecte un problema, pode comunicarse a través da APP de avisos ou chamando ao 981 754 699.

NOVAS SOBRE RECICLAXE EN CARBALLO

Comentarios