Martes. 15.10.2024
El tiempo

Carballo no punto de mira da administración galega

PONTON VISITA CONCELLO CARBALLO
Visita de Ana Pontón a Carballo
Carballo no punto de mira da administración galega

As infraestruturas de Carballo volveron situarse no punto de mira da política galega. Ana Pontón, voceira nacional do BNG, realizaba unha visita á capital bergantiñá para esixir que os compromisos da Xunta se convirtan en realidade. “Para seguir avanzando ao ritmo que Carballo necesita, Pontón reclamou ao presidente da Xunta lealdade institucional para darlle á veciñanza o trato que merece atendendo as demandas do goberno local”, destacou Pontón.

Entre as necesidades de poñer en marcha canto antes, Pontón lembra que a Xunta acaba de comprometerse a impulsar a Variante de Carballo, ademais de desenvolver máis solo empresarial, acabando así con ”dez anos de seca en investimentos por parte do goberno do PP”.

Ás promesa incumpridas de cuestións urxentes mencionadas, Evencio Ferrero engadiu o derrubo do edificio para evitar desbordes do río, previsto para 2018 pero aínda pendente.

A resposta da Xunta

Non tardoi a Xunta en responder cun comunicado, para “demostrar o seu compromiso co Concello de Carballo”. Sen facer referencia á Variante, a Xunta lembra infraestruturas como a senda no treito Bértoa-Carballo, ou o proxecto de senda peonil ata Coristanco recentemente aprobado.

Ademais valora como grandes apostas por Carballo a pírrica rebaixa da peaxe e a gran mentira da Autovía Costa da Morte.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios