Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo sobe a nota na reciclaxe de cartón pregado porta a porta

campaña_grandes_consumidores Carballo
O Concello entrega cita para pregar o cartón e un mandil de colaborador
Carballo sobe a nota na reciclaxe de cartón pregado porta a porta

Se xa é un concello pioneiro en materia de reciclaxe, con programas tan singulares como o de Compostaxe caseira ou o de “Ti tes a Chave”; a recollida de vidro, de aceite, de roupa… o Concello de Carballo quere seguir subindo nota na materia, cumplindo cada día mellor cos obxectivos marcados pola UE. Desta volta, a nova campaña vai dirixida a grandes consumidores para mellorar o servizo de recollida selectiva de residuos.

Son xa 200 as empresas adheridas ao programa de recollida selectiva, pero quen implicar outros 500 comercios e establecimentos sobre as novas posibilidades do programa de recollida de cartón. Cartón pregado porta a porta do que cada ano xa se recollen unhas 150 toneladas. Agora, para facilitar aínda máis ese labor, nas visitas que se están a realizar tamén se entrega cinta de embalar personalizada que facilita o depósito do cartón pregado a pé de rúa e que, ademais, como é de papel, tamén pode reciclarse.

Reciclaxe campaña_grandes_consumidores Carballo

“Do que se trata é de mellorar as cifras, porque, aínda que Carballo é un concello de referencia en xestión sostible dos residuos, estamos aínda lonxe dos indicadores recomendados pola Unión Europea”, sinalou o alcalde, Evencio Ferrero.

O servizo funciona luns, mércores e venres, e vai especialmente dirixido ao comercio. E ademais tamén ofrecen contedores de baterías. Todo chamando ao 981 754 917.

Reciclaxe Carballo Dititco

Reciclaxe Carballo

Comentarios