Domingo. 03.11.2024
El tiempo

O Casino1889 celebra un fin de semana de libros e irmandade coa Terra Chá

Libros e terra cha no Casino1889
O Casino1889 celebra un fin de semana de libros e irmandade coa Terra Chá

Este sábado 19 de outubro o Casino1889 de Carballo acolle unha xuntanza arredor cultura galega, promovida pola Asociación Xérmolos, coa idea de tecer lazos entre as comarcas da Terra Cha e Bergantiños.

A partir das 18h, os representantes das dúas entidades sementarán esperanza e a súa influencia na comunidade, de radios libres que fan camiño poñendo verbas para espertar as conciencias e combater as inxustizas e asistiremos á presentación do libro-Cd de Richi Casás "Fuliada na Vila".

Compartirán, ademais, unha gran merenda-cea. Haberá unha foliada aberta (as persoas asistentes poden traer os seus instrumentos) para pechar coas actuacións de Pandeireteiras Raigañas (Cerqueda), Maghúa(A Coruña) e Filophóbicas (Terra Cha), con billeteira inversa (a vontade)…

Presentación dun libro carballés

Ademais, o venres terá lugar a presentación do libro Sombra e subcultura”, do carballés Alejandro Castro Rey. Un libro nace da necesidade de atoparse coa pureza e a esencia da creatividade. Diante do colapso dos sistemas de producción artística, o autor, apunta ó que él consideraba, naquel momento, incorruptible. 

Alejandro Castro Rey (Carballo, 1986) é licenciado en Artes Plásticas pola Universidade de Pontevedra onde se centrou na imaxe pictórica e fotográfica como medios para recoñecerse “no outro”. En 2012 conceptualiza a súa produción artística na UPV (Valencia), foi daquela que centra o seu interese na complexidade do psiquismo humano, a filosofía e os procesos internos en períodos de aillamento. En 2014 (Barcelona) dá por rematada a sua investigación nas artes plásticas e comeza a carreira como terapeuta. Actualmente exerce como acupuntor e terapeuta emocional na Coruña.

Comentarios