Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Casino1889 completa a fin de semana de Carballo cun Mercadillo Solidario

Mercadillo no Casino de Carballo
O Casino1889 completa a fin de semana de Carballo cun Mercadillo Solidario

Esta fin de semana hai moito que facer en Carballo. O Feirón do 5º domingo de agosto coincide co Merca e Dillo do CCA e a feira do automóbil Berocasión. Pero ademais o Casino 1889, no seu Espazo Casino, tamén ofrece o seu Mercado Solidario de segunda man.

A cita será o sábado 29 de 10:30 a 20:30h e domingo 30 de 10:30h a 14:30h.

Organizado pola Asociación O Legado de Max, unha entidade de voluntarios os cartos recadados irán destinados á súa labor cos animais.

Comentarios