Martes. 08.10.2024
El tiempo

O Centro de arte contemporánea Manuel Facal terá a súa sede nun edificio da rúa Sol

rua_sol_38_manuel_facal (3)
O Centro de arte contemporánea Manuel Facal terá a súa sede nun edificio da rúa Sol

A recén constituída Fundación Manuel Facal xa terá ubicación. A sede do Centro de arte contemporánea Manuel Facal estará situado no número 38 da céntrica rúa do Sol de Carballo. Trátase dun edificio propiedade da familia, construído nos anos cincuenta, obra do arquitecto Antonio Vicéns Moltó. Así o museo contará con máis de 600 metros cadrados, e uns xardíns na parte superior que amplían o museo ao aire libre e que permiten un segundo acceso desde a rúa San Paio.

Neste espazo, xunto coa exposición permanente da obra de Manuel Facal, será posible ver outras disciplinas a nivel galego pero tamén a nivel internacional.

A Fundación, que espera a resolución de aprobación da súa constitución, artellará cursos, talleres, simposios e conferencias sobre arte contemporánea, e convertirase de seguro nun referente cultural para toda a comarca.

Novas relacionadas

Comentarios