Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Comezaron as obras da senda entre Carballo e Coristanco

  • Carballo contrata obras por 3,4 millóns de euros con cargo ao remanente de tesourería do 2019
20210503 inicio senda Carballo Coristanco copia
Comezaron as obras da senda entre Carballo e Coristanco

En xuño de 2019 anunciaba a Xunta a creación de 2,5km de senda peonil e ciclista para unir Carballo e coristanco. Onte, a empresa López Cao comezaba as obras dunha infraestrutura que terá que estar lista en 8 meses.

A senda iníciase á saída de Carballo pola AC-552 e remata no comezo das beirarrúas de Coristanco. Prevense dous treitos actuando, tanto na marxe esquerda da estrada, como polo lado dereito.
Pola marxe esquerda, serán case 1,9 km de nova senda que irán desde a saída de Carballo ata conectar coa beirarrúa existente en Montecelo, xa en Coristanco, continuando a beirarrúa ata o núcleo de Coristanco.
Pola marxe dereita da estrada, habilitarase unha senda ata as inmediacións da fábrica de Calvo de aproximadamente 600 metros.

Obras municipais

obras_accesibilidade_1 fase

Paralelamente o Concello carballés anunciou a adxudicación nas sesións celebradas este mes das primeiras catro obras que se financiarán con cargo ao remanente do ano 2019, gracias ao decreto do estado que suspende as regras fiscais da Lei Montoro.

Nas vindeiras semanas comezan as obras de accesibilidade en beirarrúas da zona A Milagrosa e a Avenida Ponte da Pedra; a Rede de saneamento e abastecemento de agua en Cambre e Outeiro (Lema) e Cambrelle (Razo); a reforma do centro social do barrio da Milagrosa; a substitución de cuberta e revestimento da fachada do pavillón deportivo “Carballo Calero”.

Ademais, en fase de contratación están as obras da rede de saneamento e abastecemento de auga aos lugares de Leboreo, Requeixo e A Rega, na parroquia de Bértoa; a reforma do mercado, 2ª fase; as melloras de seguridade no polígono industrial de Bértoa; a ampliación do cemiterio municipal, 1ª fase, e a reforma parcial dos almacéns municipais da Cristina para almacén-garaxe de Protección Civil.

Quedan pendentes de contratar a reurbanización da rúa Ponteveda; a reurbanización das rúas Ourense e Baños Vellos, a reforma do Pazo da Cultura, 1ª fase; e unha achega municipal para o proxecto europeo “Carballo Sostible: Enerxías renovables e eficiencia enerxética nos edificios públicos”.

Novas relacionadas

Comentarios