Venres. 04.10.2024
El tiempo

Concello e Xunta asinan o acordo para convertir o Centro de Saúde de Carballo nun Centro Integral de Saúde

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez
Concello e Xunta asinan o acordo para convertir o Centro de Saúde de Carballo nun Centro Integral de Saúde

Superaron o Concello de Carballo e a Consellería de Sanidade as súas diferencias, e un ano despois dos primeiros acordos, asinaron un protocolo de colaboración para a execución das obras de reforma e ampliación do centro de saúde de Carballo que permitirá a súa transformación en centro integral de saúde (CIS).

Así, o Concello terá que realizar todos os trámites para ceder os terreos lindeiros co actual centro, para que o Servizo Galego de Saúde realice as obras de reforma e ampliación do centro de Saúde de Carballo para a súa transformación en Centro Integral de Saúde.

Así, as obras de ampliación do actual centro carballés permitirán albergar máis consultas na área clínica e de diagnóstico e contarán cunha área integral da muller, unha área completa de rehabilitación e a creación dunha área integral de hemodiálise con ata 25 postos, que evitará o desprazamento de pacientes á Coruña, incrementando a calidade asistencial a través da mellora da accesibilidade e da dotación tecnolóxica acorde ás necesidades detectadas.

O Plan Funcional contempla incrementar, con respecto ao actual, a área de adultos con catro consultas de médico de familia, tres de enfermería, un despacho de xefe de servizo e tres salas polivalentes; incorporar na área da muller unha sala de educación sanitaria, unha consulta de obstetricia e unha de rehabilitación de solo pelviano; incrementar a área de pediatría con aseos e sala de lactancia; aumentar a área de especialistas de especialistas cunha consulta de enfermería, unha de reumatoloxía, unha de cirurxía e un gabinete de explotación oftalmolóxica; crear unha área de docencia con catro consultas e unha aula de formación; ampliar o Punto de Atención Continuada cunha cuarta consulta consulta; sumar na área de saúde mental unha segunda consulta de psiquiatría e unha de docencia; duplicar o espazo da sala de fisioterapia e crear a mencionada área de hemodiálise con 300 m2.

Novas relacionadas

Comentarios