Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Xunta insiste na ampliación do Centro Integral de Saúde de Carballo

Centro SAude de Carballo
A Xunta insiste na ampliación do Centro Integral de Saúde de Carballo

A pesar de que o goberno local ten insistido na necesidade de facer un segundo centro de saúde ante o colapso que vive o actual, dende a Xunta insisten na ampliación do actual e a súa “conversión” en Centro Integral de Saúde.

A Xunta, de feito, solicitou xa colaboración municipal para axilizar os trámites que permitan unha solución urbanística para ampliar a edificabilidade da actual parcela en 1.820 m2. Dende a Xunta lembran que o proxecto de Orzamentos da Xunta de Galicia para 2022 reserva 600.000 euros para licitar proxecto e iniciar unha obra de ampliación que implicará crear unha área integral de hemodiálise con 25 postos

En resposta a esta comunicación, o Concello de Carballo solicitou unha entrevista entre alcalde e conselleiro para abordar este asunto, á que o conselleiro ten accedido, co compromiso de concretar lugar e data nos vindeiros días.

Novas relacionadas

Comentarios