Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha conferencia pecha en Carballo o ciclo do paso dun dos mellores beléns do mundo

Angel Pena-Foto-Zamora24h
Angel Peña-Foto-Zamora24h
Unha conferencia pecha en Carballo o ciclo do paso dun dos mellores beléns do mundo

O Belenismo é dende o pasado mes de xuño calificado como Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial, un paso previo fundamental de cara á candidatura do belén como Patrimonio Cultural
Inmaterial da Humanidade. Unha das persoas que contribuíu a acadar ese obxectivo foi Ángel Peña Martín, doutor en Historia da Arte pola Universidade Autónoma de Madrid, especializado na investigación da imaxe relixiosa na Idade Moderna, os seus usos e funcións culturais, a clausura feminina, o Nadal e o belén.

Ángel Peña participou en decembro na inauguración da exposición De Belén ao Finisterrae, que pode verse ata o día 16 no andar -1 do Pazo da Cultura (de luns a venres, de 16.30 a 20.30 horas), e este mércores 18 coroará o paso por Carballo dunha das mellores coleccións de beléns do mundo coa conferencia titulada O belén, patrimonio inmaterial. O acto celebrarase ás 20.30 horas no Centro Social San Xoán Bautista, coa colaboración da parroquia de Carballo.

Comentarios