O Curruncho Pop fundirá música e literatura na Biblioteca Rego da Balsa

10:12 02/02/24
Volve á Biblioteca Rego da Balsa o Curruncho Pop, un ciclo de concertos organizado pola Concellaría de Bibliotecas que acada a súa oitava edición consolidado.
Nestes anos teñen pasado polo Curruncho Pop interesantes propostas que mesturan música e literatura, como o proxecto Desnortadas de Rosalía Fdez. Rial e María Santiago, e mantendo ese mesmo formato, esta é a proposta para o Curruncho Pop 24:
Sábado 17 de febreiro
- 19:30h Arredor do libro ‘Tom Petty’ de Warren Zanes, con Bruno Fuente e Juancho López.
- 20:30h. Concerto de The Waiting
Sábado 2 de marzo
- 20:30h Concerto de Pigmy
Sábado 30 de marzo
- 19:30h Presentación do libro ‘Hotel California’ de Barney Hoskyns, con Elvira Asensi e Carlos Rego.
- 20:30h Concerto de Pablo Leira – Paloma Paloma – Carlos Rego
Sábado 27 de abril
- 19:30h Presentación do libro ‘Música y cerveza’ de Javier Abad, a cargo do autor.
- 20:30h Concerto de The Bo Derek’s
Sábado 25 de maio
- 19:30h Presentación do libro ‘Algo muy dentro de Álex Chilton’ de Marce Moreno, con Marce Moreno e Antonio J. Moreno
- 20:30h Concerto de Os Chiltons (Germán Salto, Ángel Kaplan, Carlos Rego, Dani Alonso e Aser Álvarez).
Coma sempre, a entrada será libre e de balde, pero, dado que a capacidade do auditorio é limitada, poderán realizarse reservas de entradas