Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Da Candeloria ao San Valentín, o Mercado de Carballo está de festa

cartel_mercado_febreiro-Carballo bolsa euquerocarballo
Da Candeloria ao San Valentín, o Mercado de Carballo está de festa

Leva anos recuperando a cita do Día da Candeloria (o 2 de febreiro celébrase esta festa pagana de culto fertilidade e aos ciclos da natureza) o Concello de Carballo. E este ano úneo co San Valentín a través dunha iniciativa arredor do activo Mercado Municipal.

Así, do 2 ao 14 de febreiro, por cada 25 euros de compra (podes ir xuntando tickets) que realices nos postos da praza agasallarémoste cunha bolsa de tea coa imaxe do skyline de Carballo.
E se tes can, ou cadela, tamén poderás levar unha badana reflectora coa marca “Eu quero a Carballo”.

Comentarios