Detido en Carballo por roubar unha bicicleta nun garaje
09:36 27/01/16
Axentes da Garda Civil de Carballo detiveron onte a un veciño da localidade, de 26 anos, como suposto autor dun delito de roubo con forza cometido fai un par de días nun garaje da poboación, do que ao parecer levouse unha bicicleta valorada nuns 1.900 euros. Os gardas lograron recuperar o ciclo e os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Garda de Carballo.
Fonte
- Garda Civil.