Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Unha ducia de desempregadas xa son mestras de compostaxe

Carballo curso_compostaxe
Unha ducia de desempregadas xa son mestras de compostaxe

A pasada fin de semana remataba o curso de mestría en compostaxe caseira en Carballo que a artellou a entidade Amigos da terra. Un curso, gratuíto, destinado a persoas desempregadas, para fomentar a creación de emprego nun sector con gran proxección de futuro.

Chegaron persoas de toda Galicia a capital bergantiñá para aprender de primeira man dos mellores especialistas na materia, e coñecer iniciativas municipais como o horto de aromáticas da Escola Municipal de Hostalaría do Fórum Carballo, que recupera a súa actividade co curso de cociña que se imparte dentro do obradoiro dual de emprego Fórum Dual, e o Horto Infantil Ecolóxico Municipal.

A formación constou de 48 horas, divididas en 8 módulos en liña e 16 módulos de prácticas presenciais, ao longo das cales abordouse o ciclo completo de xestión da fracción orgánica dos residuos. O de Carballo foi o segundo curso organizado en Galicia, e incluíu visitas ás plantas de compostaxe de Santiago e Lousame.

Carballo curso_compostaxe 2

Compre destacar que Carballo é pioneiro na posta en marcha de iniciativas coma esta da compostaxe caseira ou o Ti tes a Chave do contedor marrón.

Novas relacionadas

Comentarios