Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Carballo exporta experiencia en compostaxe caseira polos concellos galegos

Tecnicos carballeses en Oroso
Tecnicos carballeses levando as sesións formativas de compostaxe a Oroso
Carballo exporta experiencia en compostaxe caseira polos concellos galegos

O asesor técnico de Medio Ambiente do Concello de Carballo, Santiago Andrade, desprazábase esta semana a Oroso, para analizar a xestión da materia orgánica nese concello de cara á posible posta en marcha dun programa de compostaxe.
Xa teñen feito o propio en concellos  como Barreiros, Cedeira, Ponteareas, O Rosal ou Tomiño, e mesmo teñen solicitado axudar ao Concello de Santiago.

Unha demostración de que Carballo é un concello de referencia en toda Galicia en materia de xestión dos residuos sólidos urbanos, e moi especialmente na compostaxe.

Cómpre lembrar que unha Directriz Europea obriga, a partir deste ano, aos concellos con máis de 5.000 habitantes (e a partir do 2024, para todos os demais), a adoptar plans de xestión como o que ten implantado o  concello carballés, que foi pioneiro, dende hai xa varios anos.

Novas relacionadas

Comentarios