sábado. 18.01.2025
El tiempo

Espiral Maior Foro acolle unha singular sesión de sinatura de libros de autores carballeses

SESIÓN DE SINATURA DE LIBROS POLOS AUTORES
SESIÓN DE SINATURA DE LIBROS POLOS AUTORES
Espiral Maior Foro acolle unha singular sesión de sinatura de libros de autores carballeses

Este venres, día 3 de xaneiro de 2025, de 19.00 a 20:30 h., terá lugar no espazo cultural Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34), unha sesión de sinatura de libros, con dedicatoria de puño e letra dos seus autores, para ofrecer, deste xeito tan especial e personalizado, un agasallo exclusivo de Reis.

Na sesión estarán presentes, asinando as súas recentes obras literarias Xosé Antonio Andrade, co seu libro Os cómaros da vida. Diarios 2020-2022; o poeta Raúl Herrera, coa súa obra Garza na dorna, e Fernando Cabeza Quiles co seu libro, toda unha novidade editorial, A toponimia dos celtas brigantinos e doutros pobos da Gallaecia.

Todos os asistentes poderán degustar unha copa de viño ou cava galego para celebrar o novo ano 2025.

Comentarios