O famoso xabarín, protagonista do bravo Entroido carballés

Marcos Trigo e Evencio Ferrero co cartel do xabarín

O xabaril que se fixo famoso nas redes sociais polo seu paseo pola Praza de Galicia, é protagoniza o cartel, feito por Gende Estudio, do Entroido deste ano en Carballo. E nesa liña o Concello artella un Entroido salvaxe, bravo, con bailes, charangas, concursos, obradoiros e como, o Enterro da Sardiña.

Un programa no que ademais participan as entidades sociais da vila, como é o caso da Festa re-nacemento do Chorón no barrio da Milagrosa, o Baile de disfraces co trío Jaque e concurso de doces en Verdillo, ou o Festival musical Anos Oitenta co dúo Mar de Caión en Cances.

Do 17 ao 25 de febreiro haberá unha marea de actividades, para toda a familia. Este é o programa:

Máis entroidos